| Obxectivos específicos de aprendizaxe |
| Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas. |
| Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de ser transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de ser aplicables a situacións novas e emerxentes |
| Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas axeitadas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas |
| Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, especialmente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos |
| O obxectivo xeral do Master e mellorar as competencias dos titulados e profesionais educativos relacionadas de modo específico coa atención a diversidade orixinada por capacidades personais, xénero, idade, sistemas lingüísticos e culturais, así como, situacións socioeconómicas diferentes. |
As competencias xerais e específicas propias do ámbito académico-profesional do máster deberán ser desenvolvidas a través do conxunto das materias. Deberán adaptarse aos requirimentos de cada un dos módulos e ás competencias transversais comparti das por distintas ocupacións ou ámbitos de coñecemento, tal e como recomenda o informe Tuning. Ao finalizar o máster os estudantes serán capaces de: |
| Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar |
| Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras |
| Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación |
| Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen melloras de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias |
| Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica |
| Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir y compartir ideas, etc. |
| Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios. |
| Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional |
| Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade |