¿Cándo me poido matricular no Master?

Do 2 ao 20 de xullo Matrícula para estudantes estranxeiros/as de fora do EEES.

Do 4 ao 10 de setembro Matrícula para inicio de estudos (ordinaria).

¿Para facer o Máster cántos créditos hai que cursar?

Para obter o título de Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contexto Educativos hai que cursar 60 crétidos ECTS. Do total de crétidos a cursar 24 son obrigatorios (12 créditos corresponden as prácticas do Master, e 12 créditos corresponden a o Traballo fin de Master) e os 36 créditos restantes que haberá que cursar son optativos. Os créditos obrigatorios se desenvolven no segundo cuadrimestre e entre o primeiro cuadrimeste e o segundo os créditos optativos.
Nas materias optativas se ofertan 9 materias no primeiro cuadrimestre para cursar cada alumno/a 6 materias (de 4,5 crétidos ECTS), e do segundo cuadrimestre 2 materias das 3 ofertadas (ver calendario na paxina web)

¿Qué é un crédito ECTS e a cantas horas equivale?

1 crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo persoal do estudante, en todalas actividades do seu proceso de ensino apredinzaxe (horas lectivas, horas de estudo, horas de elaboración de traballos e horas prácticas.

1 · 2 · 3»