1. O Ministerio de Educación publicou as seguintes convocatorias relacionadas con cursos de linguas estranxeiras
Con data de 27 de febreiro do presente ano, o Ministerio de Educación publicou as seguintes convocatorias relacionadas con cursos de linguas estranxeiras:
No BOE, número 51 do 27 de febreiro de 2010, publícase a Orde EDU/422/2010, do 15 de febreiro de 2010 do Ministerio de Educación, pola que se convocan axudas para cursos de lingua alemana ou francesa no estranxeiro, durante o verán do 2010 para alumnado de estudos universitarios e de ensinanzas artísticas superiores.CURSOS DE IDIOMAS
No BOE, número 51 do 27 de febreiro de 2010, publícase a Orde EDU/425/2010, do 15 de febreiro de 2010 do Ministerio de Educación, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa no estranxeiro, destinadas a mestres e estudantes das ensinanzas conducentes á obtención do título de Mestre. CURSOS DE INGLÉS
Web con toda a información:http://www.boe.es/boe/dias/2010/02/27
1. BOLSAS COMEDOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO 2009/2010
Publícase a Resolución reitoral de 5 de febreiro de 2010, pola que se convocan Bolsas propias da Universidade de Vigo, denominadas "Bolsas comedor" para o curso 2009-2010.
Enlace directo á convocatoria
Ficheiro adxunto
1. Axudas para a matrícula nun Máster oficial por parte de titulados universitarios en situación legal de desemprego.
Destinatarios:
- Titulados universitarios en situación legal de desemprego que se matriculen nun Mestrado oficial nunha universidad pública.
Prazo de presentación:
- Desde: 21 de agosto de 2009
- Hasta: 30 de octubre de 2009
Lugar de presentación:
- Solicitude on-line
- Unha vez feita a solicitude on-line, unha copia impresa debe presentarse na secretaría de alumnos do centro de adscrición do mestrado.
Enlace directo á convocatoria
Acceso tamén desde a páxina da Universidade de Vigo: http://eees.uvigo.es
2. BOLSAS PROPIAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
Resolución Reitoral de 22 de Xuño de 2009 pola que se convocan bolsas de mestrado universitario para o curso 2009/2010.
Máis información
3. LÍNEA ICO-PRÉSTAMO RENTA UNIVERSIDADE 2008-09 BANCO SANTANDER
O Banco Santander presenta para o/as alumno/as de estudos de Máster Oficiais a Línea ICO Rentas Universidades, que lles permite obter financiación gratuíta para costear os seus estudos ao mesmo tempo que unha renda mensual da ata 800 euros, se así o quixesen, para adicarse en exclusiva ao estudos.
Para calquera información ao respecto, o/as interesado/as poden dirixirse á oficina do Banco Santander, sita no Pavillón de Asociacións (As Lagoas, s/n), no Campus universitario Norte de Ourense en horario de 9:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 19:00 h. ; ou ben chamar por teléfono ao 988 231 443..
Máis información
4. PRÉSTAMOS RENTA UNIVERSIDADE
O MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN a través da ORDE CIN/2940/2008, de 14 de outubro, regula os préstamos ligados á posesión dunha renda futura para realizar estudos de Máster Universitario.
A finalidade xeral dos préstamos é facilitar a financiación das ensinanzas universitarias de máster oficial que se impartan en España ou as equivalentes nos países do Espazo Europeo de Educación Superior adaptadas ó proceso de Bolonia e de universidades de Estados Unidos de América e de Canadá, mediante unha axuda inicial así como, no seu caso, facilitar unha renda mensual ós/as estudantes que o desexen.
O prazo para solicitar os préstamos será desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (15 de outubro de 2008) ata o 31 de xullo de 2009 ou ata a finalización da cantidade destinada a este programa, se ésta é anterior.
Máis información
5. BOLSAS MAEC-AECID
BOLSAS MAEC-AECID, segundo Resolución de 21 de novembro de 2008, da AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO (AECID) pola que se aproba a LXII convocatoria xeral dos programas de "BECAS MAEC-AECID" do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN (MAEC), para cidadáns estranxeiros e españois, para o verán 2009 e o curso académico 2009-10.
Máis información
6. BOLSAS MEPSYD
Resolución de 2 de xuño de 2008, da Secretaría de Estado de Educación e Formación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral e de mobilidade para o curso académico 2008-2009, para alumnado universitario e doutros estudos superiores.
Máis información
7. Axudas para cursos de lingua alemana ou francesa no estranxeiro durante o verán de 2009
Con data 12 de febreiro de 2009 publícase no BOE Resolución de 26 de xaneiro de 2009, pola que se convocan axudas para cursos de lingua alemana ou francesa no estranxeiro durante o verán de 2009, para alumnado de estudos universitarios e de ensinanzas artísticas superiores.
Poderán optar a estas axudas os alumnos que se atopen matriculados neste curso 2008/09 en estudos universitarios.
Será requisito indispensable para obter unha destas axudas ter a condición de bolseiro do MEPSYD durante o presente curso 2008/09.
O prazo para solicitar as axudas remata o 30 de marzo de 2009.
Máis información
8. Axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2009, destinadas a mozos de entre 16 e 30 anos
Con data 12 de febreiro de 2009 publícase no BOE Resolución de 26 de xaneiro de 2009, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante el verano de 2009, destinadas a mozos de entre 16 e 30 anos.
Poderán optar a estas axudas os mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1979 e o 31 de decembro de 1991 que obtivesen a condición de bolseiro do MEPSYD durante o presente curso 2008/09.
O prazo para solicitar as axudas remata o 30 de marzo de 2009.
Máis información
9. Axudas a estudantes universitarios para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares
Con data 4 de marzo de 2009 publícase no DOG Orde do 23 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares.
Poderán optar a estas axudas os/as alumno/as que estean matriculados no curso 2008/09 en calquera das universidades do sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, no derradeiro curso de estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico; na etapa de formación do terceiro ciclo ou nun máster universitario.
O prazo para solicitar as axudas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG: remate o 6 de abril de 2009.
Máis información
10. BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Bolsas de carácter xeneral e de movilidade para o curso académico 2009/2010, para estudantes de enseñanzas universitarias.
Máis información